3/11/2005

PROTOCOLO

PROTOCOLO
PROGRAMA AVG-II
(Anfibios e Réptiles)


Sección de Herpetoloxía
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)


ÍNDICE 2
LIMIAR e ANTECEDENTES 3
PROXECTO 3
RECOLLIDA E VALIDACIÓN DE DATOS 5
CRITERIOS ÉTICOS e LEGAIS 6
COMO INTERPRETAR UN CARTOGRAFIADO U.T.M. 6
A PUBLICACIÓN DOS DATOS 7
¿QUEN SINA A PUBLICACIÓN? 8
LISTADO DE TAXAS A EMPREGAR 9
BIBLIOGRAFÍA 10
ANEXOS 11


LIMIAR e ANTECEDENTES

Dentro do traballo de investigación de base que desenvolve a SGHN, na liña do Atlas de Vertebrados de Galicia, Censos de Aves Invernantes e Atlas de Insectos de Galicia, pasados vinte anos do remate do 1º Atlas, evidenciase o interese de retomar unha revisión do mesmo.

Dentro do espíritu inicial do primerio Atlas, a recollida de datos e a elaboración do mesmo está aberta ó maior número de persoas posible, vinculadas ou non á SGHN.


PROXECTO

OBXECTIVO:
- Establecer o cartografiado das distintas especies que compoñen a herpetofauna do noroeste de Península Ibérica. Esta labor realizarase en catro anos, de 2.005 a 2.008, recollendo os últimos datos e publicando o Atlas no ano 2.009.
- Publicar a información obtida en cuadrículas UTM de malla 10 x 10 Km., recollendo, aparte do cartografiado, características biolóxicas, ecolóxicas e etolóxicas de cada especie, tal como se realizou no 1º Atlas de Vertebrados de Galicia
- Manter un banco de datos para sustentar posteriores investigacións, tanto propias como alleas.
- Como resultado da información recollida, potenciar os estudios de biodiversidade herpetolóxica.

BENEFICIOS DO PROXECTO:
- Establecer o coñecemento básico da herpetofauna galega.
- Incrementar o coñecemento da biodiversidade.
- Crear un catálogo para establecer investigación de base e crear punto de partida para outros estudios.
- Dispor de información para plantexar plans de conservación.
- Dispor de información para priorizar a protección do espacio e os espacios protexidos.
- Promocionar o interese dunha das partes da zooloxía máis sensible ós cambios ambientais e á desaparición das zonas húmidas.

METODOLOXIA:
Ø Os colaboradores:
A presente investigación baséase no fornecemento de datos tanto por parte de herpetólogos profesionais como non profesionais. Este sistema foi o empregado en anteriores traballos desta Sociedade e é un sistema bastante extendido e habitual (ASHER et al., 2001; PLEGUEZUELOS, et al., 2002).
Ø Técnicas de traballo:
Para unificar obxectivos, criterios taxonómicos e recopilación dos datos, elaboróuse un Protocolo de Traballo que é entregado a cada colaborador. Este protocolo recolle a taxonomía de referencia, validación de datos, interpretación do cartografiado UTM, aspectos éticos, etc.
O sistema de referenciación cartográfico elexido é a Proxección Universal Transator Mercator (UTM) e a malla a de 1 Km x 1 Km para o rexistro de datos, e a de 10x10 Km para a súa publicación, estándar para este tipo de estudios (ASHER, 2001; GARCÍA VILLANUEVA et al, 1997).
A xeorreferenciación faise mediante GPS e cartografía 1:25.000 do IGN.
Se fará unha revisión dos datos recibidos por un comité de expertos para detectar posibles erros na identificación de certas especies.
Ø Métodos de mostraxe
Determinación previa mediante cartografiado do IGN 1:25.000 de áreas húmidas e espacios potenciais para as distintas especies de réptiles.
Mínimo de dúas visitas por cuadrícula en diferentes épocas do ano.
Identificar as especies atropeladas, especialmente réptiles, de maior dificultade de mostraxe.
Ó obxecto de comparar os datos obtidos no primeiro atlas co actual é para correxir as diferencias de esforzo de mostraxe, Escolléronse unha serie de cuadrículas, razoablemente ben prospectadas no 1º AVG, para facer un especial seguimento que permita comparar a evolución da situación dos hérpetos no noroeste penínsular.

Por outra banda temos que ter en consideración a relación esforzo/resultado de prospección, xa que debemos decidir se interesa máis:
i) Poucas cuadrículas ben coñecidas.
ii) Moitas cuadrículas con menor coñecemento.

Tratándose dun Atlas, interesa unha idea global e o esforzo está dirixido á opción ii). É prefirible ter cen datos repartidos en cinco cuadrículas que cen datos en dúas cuadrículas, o primeiro caso proporciona unha idea de distribución. Aínda que queden áreas sen indicar a presencia dunha ou más especies, é esperable que esa especie sexa detectada noutra cuadrícula, obtendo en conxunto unha aproximación á realidade.

Ø Método de planificación da mostraxe
No remate de cada tempada de traballo, remítese ós colaboradores un resume do estado de prospección por cuadrícula e grupo de traballo, ó obxecto de coñecer o estado resultante das prospección de cada ano e planificar os lugares principais do ano seguinte. Aconséllanse que estes lugares se elixan en función das cuadrículas con menor cobertura. Debemos ter en consideración que algúns colaboradores optan por se concentrar en determinadas áreas e que isto aporta igualmente información válida ó Atlas.


RECOLLIDA E VALIDACIÓN DE DATOS

- Sistema de ficha normalizado para facilitar a recollida de datos.
- Arquivo informático para facilitalo seu envío en formato electrónico.
Os datos fornecidos pasan por unha primeira peneira, baseada en dous criterios de aceptación:
a) Os datos subministrados cumpren os mínimos requeridos.
b) Non menos importantes son as garantías dunha correcta determinación. Existe un comité de expertos para revisar a información recibida.


CRITERIOS ÉTICOS E LEGÁIS PARA A CAPTURA DE ESPECIES

A captura dos hérpetos debe realizarse evitando danos innecesarios ós animais e liberando os exemplares capturados, salvo autorizacións administrativas específicas das autoridades competentes.
A lexislación actual sobre a captura de anfibios e réptiles esixe unha autorización administrativa para a captura e manexo destes grupos. A SGHN, para quen o solicite con destino a colaborar neste traballo, xestionará perante a administración a obtención desta autorización.


COMO INTERPRETAR UN CARTOGRAFIADO U.T.M.

Presentamos unhas breves indicacións para interpreta-lo cartografiado que estamos a empregar. Esta información pódese ampliar no excelente traballo “Cartografiado biológico” de Pascual, F & Monserrat, V.J. in Bases para un curso práctico de Entomología de la AeE.
Para identificar unha cuadrícula, podemos usar un mapa topográfico ou un GPS (teñen doble opción: sistema UTM ou lonxitude/latitude). Os mapas modernos do Instituto Geográfico Español ou do Ejercito Español, veñen marcados coas cuadrículas UTM correspondentes. Se tomamos un mapa topográfico de escala 1:25.000, veremos que o reticulado trae uns números en cada columna do eixo de abcisas e outros no eixo de ordeadas (segundo o ano de edición do mapa, hai lixeiras variacións).
As tres primeiras cifras do eixo de ordeadas e as dúas primeiras de abcisas identifican á cuadrícula de 100x100 Km. Estas cifras usualmente son transcritas cun código de letras, que é o indicado no mapa anexo. A cuarta e terceira cifra (ordeadas e abcisas, respectivamente) indican a cuadrícula 10x10 Km e así sucesivamente, podendo detallar ata o mm ou máis (posible, pero non práctico). A numeración vai do 0 ó 9, tanto no eixo de ordeadas como no de abcisas.
Para identificar numéricamente unha cuadrícula, indicaremos o huso e a súa división transversal (29T para Galiza), seguido das letras equivalentes as cifras explicadas antes.
NH: referencia cuadrícula 100x100 Km (equivalente a 05 46)
72: referencia unha cuadrícula de 10x10 Km
7229: referencia unha cuadrícula de 1x1 Km
723291: referencia unha cuadrícula de 100 x 100 metros.
Todo seguido (que é a forma correcta de escribilo) 29TNH723291.
Tamén podemos atopar outra forma de transcripción, que sería a habitual nun GPS, aínda que serían dúas liñas con sete díxitos cada unha (darían a localización dunha cuadrícula de 1 x 1 m.).
05723
46291

Nótese que a numeración vai intercalándose e que existe unha equivalencia entre NG e as dúas primeiras cifras (05 e 46). Se collemos un mapa Topográfico de escala 1:25.000, tendremos en conta que o cero non vai aparecer, pero que o debemos transcribir para evitar erros de interpretación.

As vantaxes esenciais sobre outros sistemas son dúas:
a) As divisións porporcionadas polo sistema latitude/lonxitude non son iguais, sendo de maior superficie cara ó ecuador e de menor tamaño cara a os polos, dificultando a interpretación da cantidade de especies por zona. O sistema UTM está baseada no sistema métrico decimal. No recente traballo de Kudrna (2002), The Distribution Atlas of European Butterflies, a distribución baséase no sistema tradicional sexagesimal (latitude/lonxitude), o que dificulta a comparación entre publicacións ó uso de este excelente traballo (Munguira, 2002).
b) O método de cuadrados do sistema UTM permite saltar dunha escala a outra sen problemas.


A PUBLICACIÓN DOS DATOS

As informacións previas publicaranse en boletíns informativos e na páxina web da SGHN (www.sghn.org) para facilitar o seguimento e evolución do estudio.
Alomenos presentarase ós colaboradores un informe anual, resumindo a situación e marcando obxectivos preferenciais para o ano seguinte.
Está previsto adicar dende 2005 a 2008 á recollida de datos de campo e encetar a redacción no 2009, aproveitando este ano, na medida do posible para recoller os últimos datos.
A publicación tratará cada especie individualmente como un artigo, sinando a redacción de cada artigo a persoa/s que o redacten, tal como se fixo no primeiro AVG
Debemos lembrar que outro dos obxectivos do proxecto e crear unha base de datos, polo que a recollida de rexistros continuará despois das publicacións co obxecto de ampliar información e contrastar a evolución das poboacións dos grupos analizados.


¿QUEN SINA A PUBLICACIÓN?

Os criterios para elixi-las persoas que redactarán os artigos que comporán a publicación son os seguintes:
1.- Terán prioridade para redactar e firma-los traballos aquelas persoas que aportaran datos. No caso de quedar especies sen un redactor interesado nelas, optariase por abri-la participación a persoas que non aportaran previamente rexistros.
2.- Segundo a relación de especies a tratar e as persoas interesadas na redacción, repartiranse os artigos.
3.- No caso de houber máis persoas que artigos potenciais, terán prioridade aquelas persoas que máis rexistros forneceran.
4.- Manterase un criterio de repartir porcentualmente as especies a redactar co número de rexistros fornecidos. Para abri-la participación ó máximo de autores usarase un criterio de ponderación positiva*
5.- Aquelas persoas que aporten menos do 1% do total de citas dunha especie, quedarían excluídas, agás que quedasen especies sen redactor.

Ponderación positiva: (10*n)+(1*s), sendo n o número cuadrículas non repetidas por especie (independentemente de que outra persoa tamén aporte a mesma especie/cuadrícula) e s o número de citas por cuadrícula e mesma especie.



LISTADO DE TAXAS A EMPREGAR

Para facilita-la identificación das especies, relacionamos as taxas a empregar. O autor corresponde ó taxon da subespecie nominal, no caso de haber varias.

CLASE: AMPHIBIA
ORDEN: URODELA O CAUDATA
Familia: Salamandridae
Chioglossa lusitanica (Bocage, 1.864)
Salamandra salamandra (Linnaeus, 1.758)
Triturus boscai (Lataste, 1.879)
Triturus helveticus (Razoumowsky, 1.789)
Triturus marmoratus (Latreille, 1.800)
ORDEN: ANURA
Familia: Discoglossidae
Alytes obstetricans (Laurenti, 1.768)
Discoglossus galganoi (Capula, Nascetti, Lanza, Buini & Crespo, 1.985)
Familia: Pelobatidae
Pelobates cultripes (Cuvier, 1.829)
Familia: Bufonidae
Bufo bufo (Linnaeus, 1.758)
Bufo calamita (Laurenti, 1.768)
Familia: Hylidae
Hyla arborea (Linnaeus, 1.758)
Familia: Ranidae
Rana iberica (Boulenger, 1.879)
Rana perezi (Seoane, 1.885)
Rana temporaria (Linnaeus, 1.758)

CLASE: REPTILIA
ORDEN: CHELONII
Familia: Emydidae
Emys orbicularis (Linnaeus, 1.758)
Trachemys scripta (Schoepf, 1.792)
Familia: Bataguridae
Mauremys leprosa (Schweiger, 1.812)
ORDEN: SQUAMATA
Familia: Gekkonidae
Tarentola mauritanica (Linnaeus, 1.758)
Familia: Scindidae
Chalcides bedriagai (Boscá, 1.880)
Chalcides striatus (Cuvier, 1.829)
Familia: Lacertidae
Iberolacerta monticola (Boulenger, 1.905)
Lacerta lepida (Daudin, 1.802)
Lacerta schreiberi (Bedriaga, 1.878)
Lacerta vivipara (Jacquin, 1.787)
Podarcis bocagei (Seoane, 1.884)
Podarcis hispanica (Steindachner, 1.870)
Podarcis muralis (Laurenti, 1.768)
Psammodromus algirus (Linnaeus, 1.758)
Psammodromus hispanicus (Fitzinger, 1.826)
Familia: Anguidae
Anguis fragilis (Linnaeus, 1.758)
Familia: Amphisbaenidae
Blanus cinereus (Vandelli, 1.797)
Familia: Colubridae
Coronella austriaca (Laurenti, 1.768)
Coronella girondica (Daudin, 1.803)
Elaphe scalaris (Schinz, 1.822)
Malpolon monspessulanus (Hermann, 1.804)
Natrix maura (Linnaeus, 1.758)
Natrix natrix (Linnaeus, 1.758)
Familia: Viperidae
Vipera latastei (Boscá, 1.878)
Vipera seoanei (Lataste, 1.879)


BIBLIOGRAFÍA

- Balado Fernández, R., Bas López, S., & Galán Regalado, P. 1995. Anfibios e réptiles In Sociedade Galega de Historia Natural. Atlas de Vertebrados de Galicia. Ed. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. Tomo I : 65-170.
- Galán Regalado, P. & Fernández Arias, G. 1993. Anfibios e Reptiles de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 501 pp.
- Pleguezuelos, J.M. et al. 2.003. Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España. Mº de Medio Ambiente. Madrid. 587 pp.
- Salvador, A. (Coordinador), 1997. Reptiles. En Fauna Ibérica, Vol 10. Tamos, M.A. et al. (Eds.) Museo Nacional de Ciencias Naturales CSIC. Madrid. 705 pp.


ENDEREZOS DE CONTACTO

Sería interesante que todos os posibles colaboradores indicasen qué cuadrículas están interesados en facer, par así adxudicarllas e canalizar ós seguintes colaboradores hacia outras cuadrículas, optimizando de esta maneira os recursos humáns de que dispoñemos.

Tódolos datos que os colaboradores queran enviar para a confección do Atlas, poderán facelo as seguintes direccións:
- Correo ordinario: Apartado de correos 303
36.600 – Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
- Correo electrónico: sghnpontevedra@terra.es


ANEXOS

Mapa de distribución cuadrículas UTM 10x10.

9 Comments:

At 9:44 p. m., Anonymous Anónimo said...

Os anexos?

 
At 10:13 p. m., Blogger HERPETOLOXIA said...

pronto, estamos en construccion

 
At 9:54 p. m., Anonymous Anónimo said...

unha pregunta? a base de datos que ofrecedes e a que imos usar no atlas ou e a do atlas que xa se fixo?
Gracias.

 
At 10:17 p. m., Blogger HERPETOLOXIA said...

Trátase de unha base de datos nova que esta mesma semán estará a disposición de tódolos que a soliciten á dirección de correo electrónico da S.G.H.N, que é a seguinte sghnpontevedra@terra.es

Ademáis é importante que os que queiran colaborar especifiquen qué cuadrículas UTM de 10x10 km están dispostos a prospectar.

 
At 8:15 p. m., Anonymous Anónimo said...

Hola, gustariame saber como se pode colaborar neste estudio. un saúdo.

 
At 10:39 p. m., Anonymous cherembeque said...

estou interesado en colaborar, a miña dirección:
plantamus@plantamus.com
saudos

 
At 2:18 p. m., Blogger Roberto Iza said...

Recuerdos

 
At 3:09 p. m., Anonymous Anónimo said...

hola! en sigpac las coordenadas UTM aparecen como siete cifras seguidas de dos decimales, ¿como hago para pasarlas al tipo de coordenadas que necesitais (cuadrados de 1x1 km)?
Un saludo

 
At 10:29 a. m., Blogger Aitor said...

Hay que actualizar la nomenclatura según el criterio de la AHE y las actualizaciones de los ultimos estudios. Un saludo desde los madriles, en especial a los compañeros ferrolanos.
Aitor

 

Publicar un comentario

<< Home